Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Rodríguez González, Olivia (2000-2001)
"Franck Meyer, Cos ollos da intelixencia e o sentimento, Pêle-mêle fel, s.l., Positivas: 2000"
Revista de Lenguas y Literaturas catalana, gallega y vasca: 7, pp. 429-431.

Recensión do primeiro libro de poemas de Frank Meyer, presentado por un limiar de Sandra Castiñeiras. O autor, poeta alófono franco-alemán,  dérase a coñecer anteriormente como tradutor con destacado dominio do galego. Poesía amorosa existencial, do intelecto e o sentimento, pero sempre apegada as cousas da propia experiencia. Destácanse os xogos fonéticos e o conceptismo retórico presente xa no título e constante na lingua poética empregada, así como a importancia da temática en relación coa nova expresión da masculinidade. A ollada reitérase como símbolo e adquire implicacións pragmáticas que se manifestan no despregamento do eu lírico en diferentes persoas verbais.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org