Carlos Fontes (Vilaboa, Pontevedra, 1968), que xa se dera a coñecer en escolmas poéticas, estréase como autor de libro con este título publicado en Espiral Maior. Vicente Araguas reflexiona sobre o tino na escolla de título para asegurar un certo número extra de vendas dun libro, e trae a colación outros casos de paratextos rechamantes de Elena Medel e Luis Muñoz. Detrás do título opina que hai menos orixinalidade: un libro de poesía que o crítico etiqueta de "belixerante ou de tendencia", é dicir, poesía política, que este autor alterna coa poesía erótica. Afirma que o poeta se move nunha liña xa coñecida abondo, e semellante á de Ángel González, Mario Benedetti ou Eduardo Galeano. É dicir, nunha poesía xusticeira, ecoloxista, benhumorada e politicamente correcta.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org