Vicente Araguas sitúa a Manuel Forcadela no grupo de poetas dos anos 80, canda Gonzalo Navaza, Román Raña e Ramiro Fonte que, cunha fonda preparación, levan a cabo a renovación da poesía galega dende a poesía clásica –no amplo sentido desta expresión–.
Afirma o crítico que contribuíron a superar a poesía social arremedadora de Celso Emilio Ferreiro, e xa en decadencia, que continuou ata o final da Ditadura; así como os excesos esteticistas con que outros poetas da primeira reacción quixeron traspasar esta etapa. Considera que Ferida acústica, o primeiro libro de Manuel Forcadela, fora moi ben acollido, malia o intricada que podía chegar a ser esta a súa primeira poética. Moi distinto parécelle Música de cinza, editado por Galaxia na colección Dombate: destaca a variedade de ton, desde o confesional ao culturalista, pasando polas homenaxes, entre as que salienta o crítico a dedicada a Luísa Villalta.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org