Análise da enunciación poética en (nós, as inadaptadas) (2002) de María do Cebreiro e m-Talá (2000) de Chus Pato como estratexia para a construción identitaria dun suxeito lírico que se afirma muller, é crítico co imaxinario cultural herdado e revisa o repertorio de figuracións da femineidade en textos literarios e fílmicos. A enunciación constitúe así unha ferramenta poética e política para deconstruír desde a linguaxe o suxeito hexemónico e afirmarse no "nós, as outras", tal como o explica Ana Romaní.
Este artigo recompilouse en Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación (2005) e mais na tradución deste libro, Género y nación. La construcción de un espacio literario (2009).
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org