Descrición do proxecto da Biblioteca Virtual Galega, valoración cuantitativa das fichas e materiais relativos a escritoras ata maio de 2003 e análise das modalidades de texto autobiográfico e autopoéticas, que responden, segundo Fernández Pérez-Sanjulián, á tipoloxía: "formato curricular", "curricular personalizado" e "ton confesional". Exemplifícase coas fichas das poetas Ana Romaní e María do Carme Kruckenberg e nas conclusións detállanse as diferenzas detectadas nas estratexias de autorrepresentación entre a autoría masculina e a feminina.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org