Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Castro González, Xosé Luís (2007)
"Un caso aillado na poesía dos 80: Pilar Pallarés e o seu mundo poético"
En Helena González Fernández e María Xesús Lama López (coords.).
Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobas da península. Barcelona, 28 ó 31 de maio de 2003: pp. 67-84.
Sada: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos / Universitat de Barcelona.
CD-ROM.

Estudo da poética de Pilar Pallarés, en particular da súa metapoesía, lida desde a perspectiva do xénero e das xeracións poéticas.

X. L. Castro ofrece un balance contrastado e documentado sobre os problemas derivados da etiquetaxe, definición, caracterización e proceso de antoloxización da chamada "poesía dos 80". Ademais, documenta a importancia que tivo a poesía escrita por mulleres na literatura galega.

Concorda con estudos anteriores en que hai un cambio moi marcado entre o primeiro e o resto de libros de Pallarés, aínda que afirma que en todos os seus libros se evidencia unha voz intimista e existencialista, influída pola poesía clásica e moderna, coa que establece numerosos diálogos intertextuais. Porén, no seu primeiro libro, adscrito á lírica social, aparece unha mirada expresa cara á Galicia rural desde unha subxectividade lírica feminina.

Sinala que existe unha continuidade entre Follas novas, de Rosalía de Castro, e Sétima soidade (1984), de Pallarés, que se asenta no intimismo radical e a ausencia. Doutra banda, O livro das devoracións (1996), que forma parte do mesmo ciclo poético có libro anterior, significa unha devoración do pasado e unha mirada cara ao futuro. Conclúe que os textos metapoéticos constitúen unha rica combinación de teoría e praxe poéticas.

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org