Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Bermúdez, Silvia (2007)
"¿Buenos tiempos para la lírica?: los meridianos poéticos de Ana Romaní"
En Helena González Fernández e María Xesús Lama López (coords.).
Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobas da península. Barcelona, 28 ó 31 de maio de 2003: pp. 53-57.
Sada: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos / Universitat de Barcelona.
CD-ROM.

Estudo das performances poéticas de Ana Romaní: Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade e mais os espectáculos do Laboratorio de Indagacións Poéticas, formado por Romaní e Antón Lopo (O outro extremo do paraíso, Lob*s e A boca aberta). Recolle extractos dunha resposta da autora a preguntas feitas por Silvia Bermúdez para documentar este artigo.

Desde a perspectiva dos estudos culturais e de xénero, Silvia Bermúdez defende que a finais do século XX e comezos do XXI se detecta un momento de esplendor da poesía galega, debido ás contribucións das poetas e ao diálogo interxeracional e, infírese, aos diversos formatos e modalidades de expresión.

A performance poética tal como a concibe Romaní, tanto nos espectáculos en solitario como cos que artella conxuntamente con Lopo, a poesía, a música, as artes plásticas e as tecnoloxías audiovisuais conforman un espazo híbrido que demostra o carácter transgresor e comprometido da súa poesía, e mesmo o carácter de acto político que teñen estas creacións, nas que se pon en evidencia o seu posicionamento como feminista.

 

 
bermudez_2007_romani.pdf (.pdf 456 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org