Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Acuña, Ana (2007)
"Madrigalegas ou escritoras galegas en Madrid: Tres tempos e a esperanza"
En Helena González Fernández e María Xesús Lama López (coords.).
Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobas da península. Barcelona, 28 ó 31 de maio de 2003: pp. 19-31.
Sada: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos / Universitat de Barcelona.
CD-ROM.

Estudo biobliográfico de tres escritoras galegas que viven, ou viviron, en Madrid: Mariví Villaverde, Carme Blanco Ramos e a poeta Maite Dono. Reprodúcense fragmentos das entrevistas feitas por Ana Acuña para documentar este artigo.

Mariví Villaverde, autora dun libro de memorias da guerra, ofrece o testemuño da represión, do exilio na Arxentina e do Madrid que atopa ao seu regreso, onde ela e o seu home, Ramón Valenzuela, entran en contacto con algúns integrantes do grupo Brais Pinto. Carme Blanco Ramos fai memoria dos seus comezos e da súa obra narrativa, como escritora emigrante que quere escribir na súa lingua familiar.

Pola súa banda, Maite Dono, poeta, cantante e actriz, explica o seu proxecto de escrita, a conformación do xénero na escrita, e o seu interese inicial por algunhas poetas, en particular Luísa Castro. Ofrécense algunhas chaves interpretativas para a lectura crítica da súa obra poética, en particular de Mar vertical (2000).

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org