Deféndese o carácter imprescindíbel da tradición na conformación da literatura. Para demostralo, Martínez-Pereiro ofrece unha prolixa enumeración de exemplos tirados das literaturas brasileira, galega e portuguesa de todos os tempos e analiza o comportamento da tradición na vangarda antropofáxica brasileira na disxuntiva tradición/innovación, calificada por Basilio Losada como "vangarda dos pobres".
A xeito de conclusión dá tres razóns na defensa do carácter imprescindíbel da tradición nos sistemas literarios resistentes: por constituír un trazo de diferenciación, por ser o elemento que permite a carnavalización do alleo e por actuar como garante contra a imposición da memoria allea validada polos mecanismos apátridas da globalización.
Este artigo é unha versión abreviada da ponencia de Carlos Paulo Martínez-Pereiro no XIX Galeuzca, que tivo lugar en Morella en 1999.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org