O texto consta de dúas partes: unha exposición crítica sobre o concepto de vangarda e un diálogo no que se debate desde a socioloxía literaria a vangarda galega.
Xesús González Gómez coida que o concepto vangarda só debe ser aplicado a acción de grupos ou movementos e non de individuos, polo que o termo non se pode aplicar con propiedade á literatura galega, e en particular a Manuel Antonio. Defende que o emprego inapropiado do termo só serve para crear unha imaxinería que se opón á verdade.
Seguindo a socioloxía institucional de René Lourau e Georges Lapassade, apúntase unha explicación ao enfrontamento de Manuel Antonio coa Irmandade da Coruña. Refuga considerar a polémica nos termos "vellos"/"novos" como binarismo ahistórico, e propón considerar as Irmandades como movemento contrainstitucional e autoxestionario. Neste sentido considéranse acertados os traballos de Antón Capelán, en tanto que estudos empíricos sobre a literatura para reconsiderar o concepto de vangarda na literatura galega.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org