Estudo dos textos de Basilio Losada na revista Grial, sobre todo na sección de crítica de libros, onde colabora de maneira continuada con recensións sobre todos os xéneros literarios.
No ámbito da poesía Lama salienta a lectura sobre a obra de Rosalía de Castro porque supera tópicos, o recoñecemento aos escritores do exilio (en particular Luís Seoane) e, ademais, as interesantes notas sobre creación literaria en Cataluña (Manuel Casado Nieto e Xavier Costa Clavell). Afírmase que hai dúas xeiras no labor de Losada como crítico de poesía: por unha banda, as recensións publicadas a finais dos sesenta, onde se defende a poesía como comunicación e, por outra, as da década de 1980, onde se mostra atento aos autores máis novos e ao culturalismo.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org