Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Pereiro, Lois (1984)
"Mitoloxía"
22 segundos





Descrición: Gravación pertencente ao recital ofrecido polo grupo poético De amor e desamor en 1984, como homenaxe a Castelao no ano en que a Xunta de Galicia trasladara os seus restos ao Panteón dos Galegos Ilustres. O poema foi incluído con posterioridade no volume Poemas 1981-1991 (Edicións Positivas, 1992).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Metadatos: Pereiro, Lois; De amor e desamor; Poemas 1981-1991; recital poético.

Observacións:

MITOLOXÍA

"I who have seen you amid the primal things

was angry when they spoke your name

in ordinary places"

Ezra Pound *

 

En ti entrou Astarté, a mitoloxía,

por ver na súa crueldade reencarnada

a un corpo inantes firme

valeirarse e fuxir hipnotizado

tras do ronsel

do teu esprito infame

 

Serei eu quen te trouxo

da outra superfície

amada necesaria?

 

[Texto tomado de Poemas 1981-1991, Santiago de Compostela, Edicións Positivas, 1992]

 

* A cita non foi incluída no recital

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org