Artigo sobre Hipatia, feito a partir da conversa co autor en Barcelona, durante os anos en que vive aquí. Nel abórdanse as circunstancias da escrita deste libro de poemas, os principais trazos da súa poética, a autotradución, e mais os condicionantes que actúan na recepción da obra de Pexegueiro, sobre todo o seu malditismo, a súa estranxeiridade e a importancia da linguaxe.
Transcríbense declaracións do poeta, que se manifesta creador comprometido, sensíbel ao horror no que están mergulladas as sociedades occidentais e, ao tempo, asume os retos que abre a linguaxe como instrumento de manipulación, ao servizo da "ditadura do superfluo" pero tamén de desvelamento.
Hipatia, que foi escrito primeiro en castelán pero foi publicado só en galego, é unha mostra da intención rupturista dun autor que non se sente suxeito a lingua ningunha. Escrito desde a estranxeiridade e a primeira persoa feminina, este poemario narrativo permite indagar na desigualdade, a humillación, as contradicións da sociedade actual, o medo e a utopía e serve de reflexión conxunta sobre o proxecto poético do autor.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org