O artigo céntrase na consideración do compromiso dos escritores galegos, e en particular de Roberto Blanco Torres, homenaxeado co Día das Letras Galegas, en tanto que intelectuais e participantes activos do seu tempo.
Margarita Ledo analiza algunhas das eleccións de Blanco Torres, como a súa opción pola República Española e a ORGA de Casares Quiroga fronte ao Partido Galeguista e a prevalencia da nación galega; o seu papel nas asociacións e entidades dinamizadoras da cultura e o pensamento, como os balnearios de Mondariz e Cuntis; e a súa pertenza a unha xeración de creadores e intelectuais que configuran o "suxeito organizador que produce modernidade". Lémbrase o papel de Castelao no filme Miss Ledya (1914) e sublíñase a creba que impón 1936 na continuidade da construción do independentismo e do pensamento plural.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org