Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Losada, Basilio (1966)
"La poesía gallega hoy"
La Trinchera: 1, pp. 8-9.

Panorámica da poesía desde a posguerra a 1966 na que se valoran como novas as poéticas non esteticistas e imbricadas na problemática do país e do momento histórico. Resúmense os trazos máis salientábeis dos principais autores.
A creación en 1949 de revistas poéticas bilingües, e ao ano seguinte das primeiras coleccións de poesía, "Xistral" e "Benito Soto", marcan o rexurdimento da poesía escrita en galego baixo a ditadura franquista. Destácase a pervivencia dalgunhas das tendencias de vangarda, en particular do imaxinismo e do neotrobadorismo, que polo seu sentido aristocrático e minoritario se converten en modelo para a poesía esteticista e epigonal que se escribe en Galicia. Saliéntase que, porén, neses anos os poetas do exilio e a emigración, en particular de Bos Aires, desenvolven unha intensa actividade editorial e prefiren unha poesía de denuncia. A nova poesía galega, marcada polo antiesteticismo, desenvólvena en particular Luís Pimentel (autor dunha poesía que "narra" o cotián, Celso Emilio Ferreiro (o poeta da denuncia continuador de Curros Enríquez) e Manuel María, así como os poetas máis novos, como López Casanova ou Franco Grande do grupo "Brais Pinto".

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org