Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alonso Montero, Xesús (2009)
"Manuel Leiras Pulpeiro (1854-1912): O republicano que 'amou a verdade e practicou o ben'"
Roteiros: 3, pp. 142-148.

Artigo centrado na vida e na obra de Manuel Leiras Pulpeiro. Segundo Xesús Alonso Montero, a Real Academia Galega non ignoraba a valentía laica de Leiras Pulpeiro ao dedicarlle o Día das Letras Galegas en 1983. O autor deste traballo ofrece algúns datos biográficos do mindoniense que "desacougaban a moitos, especialmente ós que tiñan poder económico, político ou eclesiástico": o casamento civil; a condición de ateo, republicano e progresista; a consecuencia coas súas ideas, tal e como demostran os seus poemas clerófobos (respectuosos con algúns aspectos do cristianismo primitivo); ou a súa pertenza ao movemento esperantista (sen que supuxese deslealdade á lingua matria). A isto habería que engadirlle a confirmación da súa filiación masónica.

Finalmente, Alonso Montero recorda unha viaxe escolar realizada en 1967 para localizar aquelas persoas que mantiñan a lembranza do poeta de Mondoñedo. Entre os veciños entrevistados destaca o carpinteiro Antonio Ferreiro, memoria das bondades do seu médico e escritor.

O artigo informa, ademais, das edicións da obra de Leiras Pulpeiro e menciona algunhas lagoas biográficas.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org