Comentario de texto en libro colectivo en castelán (engádese a tradución ao galego). Escueta biobibliografía como introdución, lugar e marco paratextual do poema no libro elexiaco Prometo a flor de loto (1994), onde forma parte do díptico "Na praia da Lanzada". Xénero, tema e motivos intertextuais a través dos que se desenvolve o contido. Estrutura de acordo coa pragmática da enunciación e o cambio do lírico ao narrativo en clave simbólica de iniciación mística a unha nova vida. Códigos: métrico, lingüístico-retórico de amplo espectro. Termina cunha explicación máis acabada do lugar do poema no libro e de novo, a intertextualidade.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org