Recensión da escolma de cinco poetas da vangarda (tamén chamada "xeración de 1925") preparada por Teresa López. Logo de describir as partes en que se divide o libro, o reseñador debulla algunhas das imprecisións biográficas, bibliográficas e ecdóticas das que adoece. Logo pasa a sinalar algunhas das carencias que, na súa opinión, presenta o traballo: a escasa información que se ofrece sobre a historia hemerográfica dos poemas reproducidos por unha banda , e as rechamantes lagoas ao citar as investigacións previas sobre os autores escolmados por outra. Como ramo, o reseñador congratúlase do que o libro supón como contribución á recuperación dos cinco autores escolmados.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org