Recensión do libro bilingüe galego/francés de Claudio Rodríguez Fer, que o confirma, a xuízo do crítico, como "o noso primeiro poeta erótico". Partindo dunha chea de poemas brevísimos, o poemario desenvolve o tema das viaxes interiores e exteriores, por países, paisaxes, corpos, palabras e estados de ánimo. Araguas cita algúns versos para confirmar o vitalismo e o toque erótico-místico coincidente coa poesía de San Juan de la Cruz. E presenta o autor afastado de capelas literarias, de espírito libertario e fornecedor de novidades en camiños literarios que parecían xa tripados.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org