Limiar ao poemario Mudanzas (V Premio Caixanova) de recreación intertextual clásica a partir da Metamorfose de Ovidio, s. I. Pon de relevo a relación co resto da obra poética da autora, marcada pola exploración do léxico galego da natureza, a reivindicación feminista, ecolóxica e política; e o diálogo entre tempos e espazos. Hai unha acusada conciencia de autoría que se revela na pragmática da enunciación lírica, especialmente no diálogo con Ovidio, a quen somete a unha correctio retórica constante. Mostra disto é o conxunto final de poemas onde se desborda a paixón amorosa das mulleres míticas, nunha interpretación literaria que as salva da súa pasividade secular.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org