Análise comparada dos poemas “Mirando ó chau” de Manuel Curros Enríquez e “Le Bon Dieu” de Pierre-Jean de Béranger (1780-1857), chansonnier republicano francés. A autora informa sobre a vida e o traballo literario e ideolóxico-político deste poeta popular de Francia. O punto de partida para este estudo comparado é o proceso a Curros pola publicación de Aires da miña terra, xa que, en segunda instancia, o avogado celanovés Luciano Puga logrou a absolución de xurado ao ofrecerlle, entre as probas da defensa, unha tradución ao castelán que mitigaba o sentido orixinal do poema de Curros, fiel espello do de Béranger. A autora sitúa a Béranger nas coordenadas do proceso coñecido na Francia do s. XIX como “coronación do escritor”, segundo Paul Bénichou. Dá conta da recepción crítica e da influencia de Béranger en Francia, Alemaña, España, Portugal e Galicia, ofrece unha tradución do poema francés ao galego e transcribe a partitura que o acompañaba na súa execución.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org