Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Xesús Alonso Montero presenta tres achegamentos á poesía galega de Manuel Curros Enríquez. Na primeira aproximación desenvolve a biografía do autor (nacemento, infancia, traslado a Madrid e exaltación da I República, influencia da atmosfera familiar) e un acontecemento que o marcou: a persecución e o éxito do seu primeiro libro. A continuación, Alonso Montero céntrase nos poemas e nos versos máis comprometedores e reproduce a defensa levada a cabo polos avogados.

No segundo achegamento, o estudoso considera a Curros como un extraordinario poeta civil cuxa musa é un acontecemento non só na poesía española do século XIX, senón tamén en Europa.

No último achegamento, o autor comenta o exilio e a morte de Curros en Cuba. Remata o seu traballo incitando á lectura da obra currosiá porque a súa palabra non se desvirtúa polo feito de denunciar "a contaminación moral e política".

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org