Presentación de Lois Pereiro ao público alemán. O autor traza a súa traxectoria intelectual e poética, e sitúao no seu contexto xeracional. O traballo estuda os dous tomos publicados por Edicións Positivas: poemas 1981/1991 (1992) e poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 (1996), caracterizando os textos como "soprendentemente persoais e sorprendentemente inmersos na vida" e non suxeitos a formalismos baleiros. Esta circunstancia relaciónase antes coa cultura literaria do poeta que coa espontaneidade. Segundo Meyer, no primeiro libro atópase un ton máis lixeiro e lúdico, mentres que o segundo semella impregnado pola gravidade. Menciónase a enfermidade do autor que, en relación coa influencia da literatura sobre a vida, entra necesariamente nos seus textos. Na parte final do artigo rexéitase a posíbel impresión de que Pereiro poida ser considerado como representante dunha poética intimista e apolítica.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org