Traballo que ilustra os procedementos usados polo Grupo Galabra para estudar a emerxencia do sistema cultural galego desde 1968. Con vontade de revisar criticamente as investigacións realizadas sobre o período, o autor explora un cadro de análise asentado nas teorías sociolóxicas e sistémicas. Máis en concreto, presenta as metodoloxías, técnicas e ferramentas utilizadas para recoller e estudar os libros, as revistas, a prensa e as entrevistas do período 1968-1982. O traballo insírese no proxecto Fabricaçom e socializaçom de ideias num sistema emergente durante um período de mundaça política: Galiza (1968-1982), desenvolvido polo Grupo Galabra da Universidade de Santiago de Compostela.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org