Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Rodríguez González, Olivia (2006)
"Luz Pozo Garza, As arpas de Iwerdon, Ourense, Linteo, 2005"
En Luciano Rodríguez (ed.).
III Encontro de Escritores Galegos. Literatura e Xornalismo. Pazo de Mariñán. 18, 19 e 20 de novembro. "Cadernos de Mariñán": 1, pp. 143-150.
A Coruña: Deputación Provincial da Coruña.

Recensión posterior ao limiar, da mesma autora, para o libro de Luz Pozo Garza (2005, en edición exenta). Partindo dunha experiencia autobiográfica que trascende o cotián ata acadar a expresión da fusión cultural e espiritual entre dúas culturas célticas, As arpas de Iwerddon está dedicado á fusión cultural galego-irlandesa. A recensión ocúpase da estrutura do poemario, concibido como unha pelerinaxe cara ao misterio. O xogo da intertextualidade culmina no palimpsesto do “Novo Leabar Gabhala”. Analízase o poema “Torre de Breogán”, como ilustración da técnica de composición dos poemas, baseada nunha métrica de forte apoio musical, e unha traballada dispositio retórica.

Bibliografía secundaria sobre:
Pozo Garza, Luz; As arpas de Iwerdon.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org