Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

González Fernández, Helena (2009)
"La mujer que no es solo metáfora de la nación. Lecturas de las viudas de vivos de Rosalía de Castro"
Lectora. Revista de Dones i Textualitat: 15, pp. 99-115.

Lectura da viúva de vivo desde a crítica literaria feminista de Follas novas, de Rosalía de Castro. Deixando á marxe a lectura metafórica como metáfora da nación (matria ou feminación) habitual no discurso galeguista, proponse unha nova lectura desta figuración, en clave realista e feminista. A lectura parte de que o Libro V de Follas novas non é unha compilación de poemas senón unha arquitectura poética e a humanización e feminización da viúva de vivo, como muller sometida á espera, permite seguir a emerxencia dunha subxectividade feminista non prevista, que xorde pola marcha dos homes cara á emigración e, en consecuencia, permite coñecer a emerxencia do desexo das mulleres confinadas á marxe pola súa clase social. A viúva rosaliana, tal como a retrata Rosalía de Castro, é unha muller soa, sometida aos ligames da institución matrimonial pero carente de rede social, que no proceso de subxectivación abala entre a espera (Penélope) e o suicidio (Ofelia). Deféndese que esta muller, labrega e soa, que decide marchar á emigración, é unha figuración non prevista nos discursos da vindicación e da nación.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org