Análise pormenorizada da recepción crítica da obra e da vida de María Mariño, en particular da que se publicou co gallo do Día das Letras Galegas de 2007, que permite facerse un estado da cuestión da bibliografía crítica publicada. Montse Pena (no artigo aparece Penas, por erro) demórase nos aspectos máis problemáticos e conflitivos: as incógnitas arredor da súa vida, formación e desexo de escrita, así como as polémicas que xeraron os distintos achegamentos biográficos; a negación da autoría dos textos publicados co seu nome; o papel de mediador e editor de Uxío Novoneyra; os prexuízos contra a escritora que non participa da vida literaria; as informacións sobre os textos inéditos; a interpretación da súa obra en relación a Rosalía de Castro e o cuestionamento da muller escritora; o debate sobre a súa entrada no canon.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org