Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Rábade Villar, María do Cebreiro (2004)
"Las antologías de mujeres en la poesía catalana (1975-2001)"
Lectora. Revista de Dones i Textualitat: 10, pp. 325-336.

Estudo do xénero como criterio para a produción de antoloxías poéticas a partir de mostras da literatura catalá publicadas entre 1975 e 2001. Deféndese que a antoloxía, como xénero sometido á polémica, reflicte os procesos de selección que operan nas historias da literatura e poden actuar como propostas alternativas ao canon. Analízanse antoloxías de poetas catalás que teñen como primeira finalidade lexitimar a creación poética de autoría feminina. Entre elas, Les cinc branques. Poesía femenina catalana (1975), con limiar de María Luz Morales, e Rías de tinta. Literatura de mujeres en francés, gallego e italiano. Antología (1999), de Francesco Ardolino, Helena González Fernández e Marta Segarra. Deste criterio infírense outro tipo de consideracións que aparecen de xeito recorrente nas antoloxías estudadas: a aceptación social da poeta, a conformación de modalidades específicas de lectura, o horizonte lector e o tipo de público ao que van dirixidas estas antoloxías. Este tipo de estratexias críticas visibilizadoras abre o debate sobre as vantaxes e perigos que implican as etiquetas de xénero e a visibilización da produción de autoría feminina no mercado e nas institucións literarias, como se recorda citando un texto de Ana Romaní.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org