Recensión crítica de m-Talá (2000) de Chus Pato. Saliéntase a boa acollida que tivo entre o público lector e a crítica malia tratarse dunha proposta arriscada cun título impronunciábel, o que viría a demostrar que o hermetismo é a condición previa para facer posíbeis diferentes lecturas. Faise unha interpretación deste libro de vangarda a partir da idea do parlamento telefónico, semellante á que Cocteau plantea na súa obra A voz humana, xa que é a linguaxe o elemento axial do libro. De por parte, explícase que a posta en cuestión da subxectividade e da corporeidade parte dos postulados das teorías de Donna Haraway no seu Manifesto ciborg e a súa concepción da bioloxía como unha póla da literatura fantástica.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org