Estudo de Arden de Ana Romaní, Pronomes de Antón Lopo, publicados ambos os dous en Espiral Maior, e mais o libreto do espectáculo poético Lob*s, de autoría conxunta, que contou con poucos exemplares e tivo unha distribución alternativa (os tres textos son de 1998). Desde os estudos de xénero e os estudos sistémicos demóstrase a importancia deste proxecto para unha escrita reivindicativa gai e lésbica na literatura galega, na que se argumenta poeticamente a necesidade da disolución das identitades estábeis, a visibilización da opción sexual e afirmación no goce. Esta poética, que se afirma nunha política do emprazamento, racha coa concepción estábel do suxeito hexemónico (masculino e heterosexual) e póñeno en crise afirmandose na representación múltiple e sen marca de xénero, lob*s, que tamén titulou a performance poética conxunta de Romaní e Lopo.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org