Recensión crítica de Vendima, antoloxía da obra poética de Manuel Casado Nieto publicada en vida do autor, ilustrada con acuarelas de Prego. En primeiro lugar saliéntase a vitalidade da escrita literaria e da edición galegas en Cataluña, en particular coa aparición de Sotelo Blanco Edicións, que abre a súa colección de poesía, "Vento que zoa", con esta escolma. Este libro ofrece un percorrido por unha poética baseada no achegamento humanista e existencial á paisaxe, ao arraigo na terra e mesmo á temática social, desde a perspectiva do afastamento da terra e a vivencia da emigración. Ponse de relevo como título máis destacado Canta de lonxe o corazón do tempo (1969) e faise refencia ás achegas de Casado Nieto como tradutor da Vulgata.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org