Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

González Fernández, Helena (1996)
"Lois Pereiro: poesía dura, descarnada, emocionante" [recensión do libro de Lois Pereiro Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995]
Grial: 129, pp. 127-129.

Recensión crítica do derradeiro libro de Lois Pereiro, publicado na colección Di-Versos. Sublíñase o carácter marcadamente diferente da súa poética, de xeito particular cando se compara cos grupos dos que formou parte e dos seus compañeiros de xeración, como Loia e De amor e desamor. O libro aborda sen efectismos a experiencia da enfermidade e da morte, mais, a diferenza do seu primeiro libro de poemas, neste hai vontade de resurrección. Saliéntase o xogo intertextual que se establece entre os poemas, en verso ou en prosa, e os fragmentos de autores clásicos.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org