Achegamento á biografía e á poética de Lois Pereiro no que se destaca a singularidade da súa obra, breve e vinculada a dous proxectos colectivos: por unha banda, o fanzine ciclostilado Loia, que publicaba en Madrid xunto con Manuel Rivas, Antón Patiño, Fermín Bouza e Xosé Manuel Pereiro, dos que se ofrece tamén a traxectoria literaria e creativa posterior; por outra, o colectivo coruñés De amor e desamor. Saliéntase a pescuda en solitario de Lois Pereiro, afectado pola enfermidade, e a súa condición de nómada. A súa obra literaria caracterízase pola parquedade de textos, a falta de utopía, a ambientación urbana e decadente e a presenza constante da morte, o insomnio e a infección. Establécese un motivo en común con Arthur Rimbaud: a tempada no inferno (“une saison en enfer”). O texto complétase con fragmentos, poemas e treitos dunha novela inédita do autor.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org