Hai características da linguaxe poética tales como a alta dose de recorrencia ou a maior pervivencia na memoria que fan que a poesía teña unha capacidade especial para instaurar valores no imaxinario social. A esta luz analízase Cantares gallegos, pedra fundacional do Rexurdimento galego, como obra que inaugura un modo novo de percibir a paisaxe galega, convertida a partir de entón nunha das condicións simbólicas da nación. A reivindicación paisaxística maniféstase como finalidade fundamental da obra dende o prólogo e subxace en escollas estilísticas, enunciativas e estruturais.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org