Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Achegamento á biografía e á poética de Lois Pereiro. Saliéntase a singularidade da súa obra, breve e vinculada a dous proxectos colectivos: por unha banda, o fanzine ciclostilado Loia, que publicaba en Madrid xunto con Manuel Rivas, Antón Patiño, Fermín Bouza e Xosé Manuel Pereiro, dos que se ofrece tamén a traxectoria literaria e creativa posterior; por outra, o colectivo coruñés De amor e desamor. Destácase a pescuda creativa en solitario de Lois Pereiro, marcada pola enfermidade e a súa condición de nómada. Caracterízase a súa obra literaria pola parquedade de textos, a falta de utopía, a ambientación urbana e decadente e a presenza constante da morte, o insomnio e a infección. Remata sinalando un motivo en común con Arthur Rimbaud: a tempada no inferno (“une saison en enfer”).

 
rivas_1985_pereiro.pdf (.pdf 1.6 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org