Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Lopo, Antón (2006)
( Chus ]
2006_lopo_dentro.jpg (.jpg 4.0 Mb)


Descrición: Chus Pato en Portocarreiro. Fotografía pertencente á serie incorporada ao proxecto Dentro, de Antón Lopo.

Tipo de imaxe: Fotografía

Formato: JPEG

Fonte: Fotografía publicada no volume Dentro, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2006, pp. 45-46.

Resolución: 300

Ancho: 221 mm     Alto: 185 mm

Metadatos: Lopo, Antón; Pato, Chus; performance; acción poética.

Observacións:

A fotografía é un dos rexistros da acción poética Dentro, que Antón Lopo desenvolveu no lameiro de Portocarreiro, na Ulloa, entre xuño de 2003 e febreiro de 2006. O poeta acompañou a dezaseis persoas neste tempo a aquel lugar. "No lameiro non hai o alento épico do infinito", é un sitio espido e vulgar, anota o autor no limiar ao libro Dentro (2006). En Portocarreiro, Lopo fixo a mesma pregunta a cada un/ha dos dezaseis acompañantes. De aí debía xurdir un poema (véxase abaixo o texto asociado ao que Chus Pato fixo e respondeu) e tamén o conxunto das fotografías expostas en 2006 na Casa da Parra.

 


O que faría sería tombarme,
encaixar
             o meu espiñazo na curvatura do planeta
até formar
               unha elipse que me conducise á nada

                                        e ao seu pracer xeomético.
É a forma máis perfecta que coñezo de volver
á compaña absoluta:
                                 o embrión e a placenta.

Porque a morte sucede antes,
                                              no ventre,
                                                            na nai.

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org