O autor postula unha reconsideración sobre o valor e actualidade da alegoría como fundamento poético. Explica a evolución da súa obra e a comprensión global da mesma como desenvolvemento dunha poética do coñecemento a partir non tanto da lóxica racional coma da intuición, unha poética orientada a declarar un itinerario sentimental. Neste sentido afírmase no sentimentalismo e nunha transcendencia humanista e cósmica da arte. A autopoética acompáñase dunha selección de textos poéticos, reunidos baixo a epígrafe "Murallas".
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org