Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

María do Cebreiro (2003)
"Da escrita como traizón. Autopoética"
Boletín Galego de Literatura: 30, pp. 171-178.

A autora dá conta da súa relación conflitiva coa escrita e declara asumir a idea de que a literatura nace a miúdo da culpa ou da traizón. Na novela moderna máis ben do primeiro, entendida a culpa como repaso dos camiños que se puideron tomar na vida e que –polo que for– se desbotaron. Na poesía moderna máis polo segundo: unha traizón aos pactos tácitos a prol do silencio (mesmo á páxina en branco) pero en especial á linguaxe ou ao pasado. Ou á nación. María do Cebreiro menciona que Walcott e Heaney, poetas que estaba a ler con intensidade na altura, escriben xustamente desde a consciencia da imposibilidade de elixir entre silencio e expresión. De aí, desa fenda experiencial agromaría o seu discurso, a voz. Con fundamento nesta convicción, a poeta denuncia as poéticas ergueitas sobre calquera forma de impostura e sinala na resistencia unha vía válida para a aprendizaxe. A autopoética complétase cun feixe de textos poéticos agrupados no epígrafe "E quíxenvos tan tristemente a todos".

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org