Eugenio Montes faise eco da proposta que uns meses atrás lanzara o arquitecto Antonio Palacios sobre a creación dunha revista galega de literatura e arte. Para Montes, a revista difundiría a contribución galega á literatura e á arte novas e universais. Considera o autor que no panorama artístico-literario en Galiza, fronte ao vangardismo da cultura andaluza, predominan as manifestacións epigonais do costumismo español do século XIX. Porén, ao seu ver, a creación da revista podería abrir o camiño da arte nova.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org