Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Peña Novo, Luis (1924)
"El símbolo de un homenaje"
El Pueblo Gallego: 47, (21/03/1924). pp. 1.

O autor faise eco das multitudinarias homenaxes que o pobo da Coruña rendeu a Curros Enríquez e Eduardo Pondal no cabodano das súas mortes e tenta explicar por que, ao seu xuízo, só os dous poetas e Rosalía de Castro adoitan ser homenaxeados polos galegos. Para Peña Novo, estes autores recollen como ningún outro a alma da terra: Curros, a través dos seus versos rebeldes; Pondal, desde a súa voz profética. O pobo idolátraos como heroes porque representan os seus sentimentos patrióticos. Fronte a un pasado ermo de heroes e de ideais, no presente vaise perfilando unha arte nacional, sustentada nun ideal de raza. 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org