Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Seara, Teresa (2001)
"Das veas rumorosas. (Presencia plurisignificativa dos mundos acuáticos na obra de Manuel María)"
En Alfonso Blanco Torrado (coord.).
Manuel María: pp. 435-446.
Guitiriz (Lugo): Asociación Cultural Xermolos-Ophiusa.

Desde Terra Cha (1954) ata a última publicación de Manuel María cando se fai esta análise, Sonetos á casa de Hortas (1997), advírtese un compromiso coa Terra Cha que converte este espazo en macrocosmos de múltiple significación e que liga o autor con poetas como Aquilino Iglesia Alvariño, Crecente Vega e Fiz Vergara Vilariño. Aparece a auga en Manuel María como potencia vital primixenia que motiva poemarios como Homenaxe ao regato do Cepelo (1990), Poemas para dicirlle a dúas lagoas (1994) ou O Miño canle de néboa e luz (1996), onde os contornos acuáticos da infancia e a adolescencia marcan a memoria da súa vida pasada. O poeta deféndeos ecolóxica e sentimentalmente, pois relaciónanse co espazo da tribo, de aí que procure facer versos cos nomes dos ríos, lagoas, pozos e regatos. Teresa Seara percorre a riqueza significativa que estes elementos telúricos van adoptando na obra de Manuel María, ata se erixir en centro substentador dunha mitoloxía propia, sen deixar de lado unha mirada realista cara ao seu valor socialmente produtivo.

 
seara_2001_mmaria.pdf (.pdf 2.3 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org