Artigo do poeta arxentino Francisco Luis Bernárdez publicado en El Pueblo Gallego durante a estadía do autor en Vigo. Con motivo do 87 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, Bernárdez incide no carácter simbólico da escritora, e elévaa á categoría de "tema eterno", ao lado do amor, a dor ou a morte. Malia cualificar a Rosalía de "santa poetisa", o autor pon a énfase na enerxía vital da súa saudade. Ao seu xuízo, tres son os poetas que encarnan a "saudade atlántica": Frei Agostinho da Cruz (Agostinho Pimenta), Antero de Quental e Rosalía de Castro. Mentres no primeiro a saudade é máis divina que humana, na saudade quentaliana domina a dimensión terreal. En Rosalía, por último, a saudade é serena e sitúase no medio do divino e do humano.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org