Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Baixeras, Xavier R. (2001)
"Leito sen voz [4]"
45 segundos





Descrición: Gravación pertencente ao volume Poetas e narradores nas súas voces, coordinado por Luísa Castro e publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2001).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Observacións:

 

LEITO SEN VOZ (iv)

Vós crebastes as augas, e tamén os froitos que non dá tirado o vento. Vós, que viñestes cedo de máis, habedes de aparecer cando todos partan.

Para lembrarme que foi a primeiros de xuño que cavastes a foxa e cubristes con terra do monte os atrancos que sacamos á luz.

Augas perdidas pola casa, que sorbe un cano atopado por azar, que aínda asobían nos cóbados entupidos polas avelaíñas crebadas e deixadas á toa, florecendo de súpeto nunha cal apagada.

Vos crebastes as augas que me surtían e secastes as fontes onde o gado acalmaba a súa sede fecunda, ¿pero quen sodes no trebón que baixa do mar?

 

[De Eclipse (2001)]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org