Mon G. Buhigas, profesor, especialista en música pop e poeta, publica este poemario na editorial de Santiago, Libros da Frouma, con ilustracións de Inés Casas Maroto. O amor é tratado con autenticidade e sinxeleza, dous requisitos que Juan Ramón Jiménez e Pedro Salinas, en principio poetas non coincidentes, consideraban imprescindibles para a boa poesía. Neste segundo libro de poemas de que é autor, Mon G. Buhigas sitúase fóra de grupos e tendencias actuais e, senlleiro, ofrece unha poesía erótica aparentemente elemental, pero que encerra un sentido profundo do que é a poesía e de cómo debe construírse ritmicamente o poema. No medio do predominio de formas curtas, quere destacar o autor a forza do poema XXIX, o máis extenso do libro, como exemplo da capacidade do poeta para engaiolar o lector.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org