Infórmase de que Manuel Vilanova foi un dos poetas impulsores do cambio da poética realista-social á outra máis preocupada pola estética e o intimismo. Araguas sinala a longa extensión e o discurso exasperado deste poemario. Asegura que algúns interpretan esa “muller de verde” como unha personificación de Galicia, e recorda a antiga afección do poeta polo “novo cinema brasileiro” de Glauber Rocha, afección compartida cos que hoxe son o editor do libro, Fernando Bores, director da Colección Esquío de Ferrol, e o autor desta recensión. Daquel cine vén o Antônio das Mortes, matador de “cangaceiros”, é dicir, "salteadores" e "estraperlistas". Araguas termina subliñando a mestría no manexo da métrica, que Vilanova deconstrúe mesturando a collage, o epitafio ou a referencia popular; así como o dominio por parte do autor de todos os ámbitos poéticos, o que lle permite ir máis alá do previsible no noso panorama poético.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org