Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

O crítico intenta albiscar o camiño que segue a poesía actual, tarefa que xulga difícil, dada a heteroxeneidade das correntes entre as que ningunha logra imporse, nin sequera momentaneamente. Prima ao seu xuízo unha tendencia irracionalista que esperta interese mesmo fóra de Galicia, que abanea entre a poesía e a prosa, e que quizais, suxire o crítico, se converta na solución ao camiño sen saída da poesía da experiencia. O diagnóstico de Araguas complétase coas seguintes afirmacións: está esgotándose a poesía confesional, quedan refugallos culturalistas da época da post-ditatorial, escríbense poemas políticos con aires novos, e hai poesía erótica en versión convencional, telúrica ou enxebre. Como complemento do panorama variopinto, Araguas menciona surrealismos, neopopularismos e mesmo gamberrismos. Termina concluíndo no díficil de agoirar o camiño futuro, e na falta de guieiros claros na poesía galega actual.

 
araguas_2010_poesia.pdf (.pdf 670 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org