Recensión que enmarca o poemario Makinaria no ronsel dunha tradición futurista, no que á valoración da máquina se refire. Logo dunhas consideracións sobre a necesidade de promocionar a lectura de poesía entre a mocidade, e dunha advertencia acerca da limitación que pode supór o feito de aparecer publicado o libro na colección xuvenil Fóra de Xogo, saliéntase a dimensión narrativa deste. O autor da recensión sinala algúns perigos da escolla temática de Carlos Negro, como son o seu carácter tópico e a limitación das posibilidades de evocación poética, ao tempo que valora a actualización do léxico do mundo do motor levada a cabo na obra.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org