Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Araguas, Vicente (2010)
"Volvendo a Emiliano Balás" [recensión do libro de Juan José Burgoa Emiliano Balás Silva, un personaxe ferrolán entre dous séculos, 2010]
Diario de Ferrol; "Nordesía": (22/08/2010). pp. 32.

Libro sobre un personaxe rescatado do esquecemento: o médico Emiliano Balás Silva (1859-1934), correspondente da Real Academia Galega, poeta e autor dramático en galego, que tamén se dedicaba á pintura (como pode comprobarse nas ilustracións deste libro). Activista cultural a prol do galeguismo, involucrado na fundación da Irmandade da Fala en Ferrol (30-04-1917) e na creación de Toxos e Froles. Os seus poemas, como o famoso “T’envexo” andan espallados por revistas. Juan José Burgoa publica na Colección Soláster da Sociedade Cultural Valle Inclán de Ferrol, presidida pola poeta Julia Uceda, este libro destinado a poñer de relevo unha figura das moitas esquecidas por unha comunidade, a ferrolá, que segundo o autor desta recensión, prefire homenaxear persoeiros alleos a ela. Porque, segue a dicir Araguas, citando un famoso poema, “Ferrol fai aos seus homes, para desfacelos logo”.

 
araguas_2010_balas.pdf (.pdf 671 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org