Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Trátase para o crítico dun libro de "poesía de amor e desamor", sobre a contradición “entre o posible e a imposibilidade de que sexa”. Araguas caracterízao como poesía lírica, épica e dramática a un tempo, tinxida dunha ruralidade (non entendida como enxebrismo) que entra en relación coa practicada pola musa-antagonista e tamén poeta Olga/Mariol. Considera que o poeta se introduce na aldea coa paixón dun Ted Hugues. Un confesionalismo cheo de autenticidade impregna o que o crítico cualifica de "docudrama", provisto de imaxes, mesmo as naturalistas, de grande forza estética. O autor empeza informando sobre algún dato biográfico, ausente na lapela, dun poeta, Xoán Abeleira, que considera “de alcance”, callado na tradución (salienta Araguas a dos poemas de Silvia Plath ao castelán) e na creación dunha serie de poemarios en castelán e galego. Araguas considérao un poeta moi persoal e mal recoñecido pola crítica e exemplifica esta afirmación coa escasa resonancia que tivo o seu libro Animais, Animais, de 2001.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org