Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Necrolóxica no xornal El País na que se sitúa como foco para falar de Lois Pereiro a fonda amizade de Manuel Rivas co poeta do Incio. O que se presenta é unha semblanza en primeiro plano, validada en relación coa personalidade do poeta polo contacto directo e o trato cotián desde os anos de formación compartidos en Madrid. Destacan as notas sobre a cambiante relación de Pereiro coa escritura en distintos momentos da súa vida, até a consideración experimentada nos tempos máis duros da enfermidade, cando escribir se converteu nun xeito de lle arrapañar algo á morte. Fálase no artigo así mesmo do valor que o círculo de amigos de Lois Pereiro outorgaban á súa orientación estética e poética. Observa Rivas que a facilidade de Pereiro para as linguas e a súa capacidade para explorar novos escenarios artísticos, cinematográficos, literarios e musicais supuxeron adoito para quen o tratou unha guía certa e fiábel sobre os sitios ou fontes aos que pagaba a pena acudir.

 
rivas_1996_pereiro.pdf (.pdf 344 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org